Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX)

Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822206
Año de edición:
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-9782-220-6
Páginas:
1248
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

65,95 €

Despues:

62,65 €
IVA incluido

Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea. Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral. Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada,  sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo  da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.

Otros libros del autor en Libreria Santos Lectores

Materia en Libreria Santos Lectores

Xerais en Libreria Santos Lectores

  • (G).CADERNO PROFESORADO ED. SECUNDARIA (2013-2014) -5%
    Titulo del libro
    (G).CADERNO PROFESORADO ED. SECUNDARIA (2013-2014)
     
    Xerais
    No disponible

    9,30 €8,84 €

  • Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita -5%
    Titulo del libro
    Conversas con Darío Xohán Cabana. Vida e escrita
    Calvo Vidal, José Luís;Rodríguez Yáñez, Yago
    Xerais
    Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela es...
    No disponible

    21,95 €20,85 €

  • A nosa horta -5%
    Titulo del libro
    A nosa horta
    Cordeiro Budiño, Xesús;Dávila Villar, Mª Consuelo;Núñez Rajoy, Andrés
    Xerais
    En Galicia é costume arraigado dispoñer dunha parte do terreo da casa para a horta familiar. A evolución da ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    31,50 €29,93 €

  • A integración europea -5%
    Titulo del libro
    A integración europea
    Pardellas de Blas, Xulio (Coor
    Xerais
    En 1996 a Comisión Europea confirmoulle á Universidade de Vigo a concesión dun módulo multidisciplinar de i...
    No disponible

    16,00 €15,20 €

  • íUpa! -5%
    Titulo del libro
    íUpa!
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Agora xa non chove e meu pai e mais eu imos mercar. Pola rúa atopamos charcos de auga moi grandes e un can eno...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    7,95 €7,55 €