Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego

Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491217763
Año de edición:
Materia
DICCIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-9121-776-3
Páginas:
1216
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
DICCIONARIOS

Descuento:

-5%

Antes:

39,95 €

Despues:

37,95 €
IVA incluido
Comprar

O Dicionario de Fraseoloxía Galego-Castelán Castelán-Galego, da autoría de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias, recolle máis de vinte mil frases feitas, o que supón un dos maiores repertorios lexicográficos deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en cinco campos: a  clave, a frase, o texto, o significado e a(s) correspondencia(s) no outro idioma. No campo da clave identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase: o substantivo (con frecuencia, o primeiro en aparecer na orde de lectura), ou de non habelo, o verbo, o  adxectivo e o adverbio. No campo da frase diferénciase frecuentemente  entre núcleo e determinados elementos da contorna e proporciónase un certo número de variantes. No campo texto, facilítase un exemplo de uso documentado, extraído de diversos corpus lingüísticos e de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. No campo do significado preséntase a definición da entrada, enriquecida por información pragmática, metalingüística. No campo das correspondencias  achéganse unha ou varias frases que serven para verter ese valor fraseolóxico da entrada no outro idioma. No caso do castelán, dáse prioridade ao español peninsular e só excepcionalmente se enriquece ese campo co español de América. Este Dicionario fraseolóxico bilingüe  está deseñado como unha fonte de recursos e de coñecemento idiomático  útil para os falantes e para os usuarios de diferentes ámbitos da lingua (académicos e profesionais), tanto galegos como non galegos.

Otros libros del autor en Libreria Santos Lectores

  • Dicionario de Fraseoloxía Galega -5%
    Titulo del libro
    Dicionario de Fraseoloxía Galega
    López Taboada, Carmen;Soto Arias, Mª Rosario
    Xerais
    Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle ca...
    No disponible

    30,50 €28,98 €

Materia en Libreria Santos Lectores

Xerais en Libreria Santos Lectores

  • O Cabo do Mundo -5%
    Titulo del libro
    O Cabo do Mundo
    Quiroga, Xabier
    Xerais
    «Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,50 €22,33 €

  • Aqueles anos do Moncho -5%
    Titulo del libro
    Aqueles anos do Moncho
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    No disponible

    10,10 €9,60 €

  • Os peidos máxicos de Sultán -5%
    Titulo del libro
    Os peidos máxicos de Sultán
    Villar, Marta
    Xerais
    Sil leva unha tempada algo triste: aínda non se adaptou ao cambio de cidade e estalle a custar facer novas ami...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €13,25 €

  • Lingua 4º primaria -5%
    Titulo del libro
    Lingua 4º primaria
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    34,33 €32,61 €

  • (G).(08).LER 3.CARTILLA (PAPAPAPU) (XERAIS) -5%
    Titulo del libro
    (G).(08).LER 3.CARTILLA (PAPAPAPU) (XERAIS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,80 €15,01 €