A historia da buguina

A historia da buguina

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475074818
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-7507-481-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MERLIN 9 ANOS

Descuento:

-5%

Antes:

7,30 €

Despues:

6,94 €
IVA incluido

No século XVII, as rotas do comercio marítimo que cruzan o mar Mediterráneo sofren os ataques dos piratas. Un barco italiano que leva  uns valiosos gravados recibe o asalto de Schiller, un famoso pirata, que rouba toda a mercancía, gravados incluídos.Os italianos mandan un nobre aventureiro, Boticheli, para que recupere os gravados. Este chega a Túnez, onde ten o seu refuxio o pirata Schiller. Unha noite, nunha pousada, recibe unha estraña noticia, relativa á existencia dunha buguina máxica, na que se poden escoita-las conversas que se mantiveran anteriormente no lugar onde estivese a estraña cuncha.Pero esa buguina está en propiedade de Schiller. Mediante enganos, Boticheli consegue facerse con ela, e así saber a quen lle vendeu os gravados o pirata. Unha vez coñecido o dono dos mesmos, Boticheli consegue recuperalos e fuxir con eles de volta a Italia.Pero a súa viaxe estará chea de atrancos. Boticheli deberá atravesa-lo deserto e pasar moitas penalidades no seu accidentado camiño de volta. De tódolos atrancos irá saíndo con ben, gracias á súa astucia e ás propiedades máxicas da buguina, que el sabe aproveitar moi ben.Finalmente, chega a Florencia, o seu punto de destino, onde devolve os gravados ó seu dono, un rico comerciante. Este quere mercarlle a buguina máxica, pero Boticheli prefire botala ó mar "  para evitar que caese en malas mans e a utilizasen noutros mesteres que non fosen os de levar a bo termo boas empresas " .

Materia en Libreria Santos Lectores

Xerais en Libreria Santos Lectores