A cabra boba

A cabra boba

Editorial:
Oqo
EAN:
9788498714999
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9871-499-9
Páginas:
36
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
250
Alto:
230
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
O

Descuento:

-5%

Antes:

13,50 €

Despues:

12,83 €
IVA incluido

Despois de a buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida  no tellado. "Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao seu lugar.
 
 
 Cóntanos o autor, lembrando a súa infancia, que nas casas do lugar había dúas ou tres cabras. Polas mañás, cando os nenos ían á escola, levaban as cabras canda eles e deixábanas co cabreiro na praza. O cabreiro ía para o monte e os nenos para a escola.
 
 Ao acabar o día, os cativos recollían as súas cabras -aínda que, algunha volvía soa para o curral. Así, a cabra regresaba co bandullo cheo, preparada para dar leite, e os nenos coa cabeza tamén chea, mais  de cousas que aprenderan na escola.
 
 A cabra boba -ou lista, segundo se mire- deste conto nace do coñecemento e da observación do mundo rural, e constitúe unha fórmula indirecta para se achegar e comprender a cara fantástica da realidade.  A cabra de Miguel xa non está co cabreiro. Se cadra, marchou para o curral... Miguel búscaa por todas partes, e atópaa nun lugar inesperado. A aventura termina dun xeito cómico e sorprendente que desvela a ilustración.
 
 Mediante recursos esenciais da narración oral (onomatopeas, diálogos, repeticións...), Pep Bruno crea unha historia ideal para contárllela aos máis pequenos antes de durmiren. Un conto co texto imprescindible,  e que ten un valioso apoio no poder narrativo da secuencia visual. 
 Roger Olmos preséntanos imaxes con perspectivas moi eficaces para guiaren a acción e asimilarmos conceptos espaciais que marcan o ritmo da narración. Os debuxos, dinámicos e caricaturescos, destilan comicidade e información estimulante para a imaxinación, e converten A  cabra boba nun libro que conecta igualmente con lectores doutras idades.

Otros libros del autor en Libreria Santos Lectores

Materia en Libreria Santos Lectores

Oqo en Libreria Santos Lectores

  • Taller de corazóns -5%
    Titulo del libro
    Taller de corazóns
    ABAD ARTURO / PACHECO GABRIEL
    Oqo
    Cando chega a noite e o silencio dos soñadores inunda a cidade, do taller de corazóns xorden misteriosos...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €15,20 €

  • Piedra, palo y paja -5%
    Titulo del libro
    Piedra, palo y paja
    Presunto, Ana / Rodes, Josep
    Oqo
    Un leñador tiene tres hijas. Cada vez que el leñador va al bosque, marca el camino para que las niñas p...
    No disponible

    14,90 €14,16 €

  • O umbigo de João -5%
    Titulo del libro
    O umbigo de João
    Aragües, Ramón;Chessa, Francesca
    Oqo
    No disponible

    14,90 €14,16 €

  • Jack et la Mort -5%
    Titulo del libro
    Jack et la Mort
    Bowley, Tim
    Oqo
    Jack rencontre la Mort et, comme il présume qu?elle vient chercher sa mère malade, il élabore un plan pour s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,00 €14,25 €

  • RATO TOM E A RATA TOMASA -5%
    Titulo del libro
    RATO TOM E A RATA TOMASA
    Nuñez, Marisa
    Oqo
    Rato Tom foi visitar a súa amiga Tomasa. Alegría na celebración! Veña viño, veña touciño e máis viño e...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €15,11 €